Btt do Atlántico

Btt do Atlántico

ARTIGO 1º
Presentación


A I Edición da marcha BTT DO ATLÁNTICO, organizada pola empresa Qualité Sport Events S.L. en colaboración con AD Top Ten Sports, vaise celebrar o domingo 20 de marzo de 2016 e terá a súa saída e chegada nas inmediacións do CEIP A Sangriña (A Guarda-Pontevedra).

ARTIGO 2º
Carácter da marcha

A BTT DO ATLÁNTICO non será competitiva e estará rexida polo Regulamento de cicloturismo-ciclismo para todos. Conforme ao disposto nesa normativa, esta marcha tamén quedará sometida ás disposicións dos artigos 15 e seguintes do anexo II do Real Decreto 1428/2003, de 21 de novembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación para a aplicación e desenvolvemento do texto articulado da Lei sobre Tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 339/1990, de 2 de marzo, excepto os ciclo maratóns e as excursións colectivas, as cales estarán sometidas ás normas xerais de circulación.

ARTIGO 3º
Participación

A BTT DO ATLÁNTICO estará limitada a un máximo de 400 inscritos. Para poder participar na marcha será preciso ter cumpridos os 16 anos antes do 20 de Marzo de 2016, data de celebración da mesma.

ARTIGO 4º
Inscripción e importe da mesma

O período de inscricións estenderase dende as 00:00 horas do 20 de xaneiro de 2016 até o 16 de marzo de 2016 ás 23:59 horas, salvo que se completen antes as 400 prazas ofertadas. A inscrición farase a través da web oficial da proba www.bttdelatlantico.com ou na web www.championchipnorte.com onde, tras enviar o formulario de inscrición, se procederá ao pagamento a través da pasarela online habilitada pola organización. No momento en que se confirme o pago, asignarase a cada participante un número de dorsal que será persoal e intransferible.
Tamén se poderá facer a inscrición a través de transferencia bancaria a esta conta:

Nº conta: ES76 0186 6001 84 0508274810
Titular: AD Top Ten Sports

Deberáse enviar xustificante do pago ao correo electrónico info@qualitesport.com, indicando nome e apellidos, DNI, data de nacemento e talla de camiseta da persoa inscrita.
Ademáis contémplase a inscrición presencial no Ximnasio Excálibur (Cumieira de Baixo, 5- O Rosal, Pontevedra).
Non se realizarán inscricións no mesmo día da proba nin fora de prazo.

Importe da Inscrición:
8 euros do 20 de xaneiro ao 22 de xaneiro de 2016
10 euros do 23 de xaneiro ao 13 de marzo de 2016
12 euros do 14 de marzo ao 16 de marzo de 2016
Qualité Sport Events S.L., entidade organizadora da proba, conta cos seguros de Responsabilidade Civil e Accidentes que esixe a lei para este tipo de eventos.

ARTIGO 5º
Dorsais

Os dorsais entregaranse na véspera da proba en Singular Lounge Disco (Avenida de Galicia 30 Baixo ,36700-A Guarda) de 17:00 a 21:00 horas e tamén no propio día da carreira. Neste caso entregaranse dende as 8:00 até as 9:15 horas no CEIP A Sangriña (Paseo de Portugal, 19, 36789 A Guarda, Pontevedra).
Para recoller o dorsal doutro corredor será preciso presentar una fotocopia do su DNI ou un documento acreditativo (carné de conducir, pasaporte) ou xustificante da inscrición.
O dorsal terá que colocarse no manillar da bicicleta co mecanismo de suxeición que facilite a Organización.

ARTIGO 6º
Horario

A Marcha Cicloturista en BTT DO ATLANTICO dará comezo as 09:30 horas do 20 de Marzo de 2016 e pecharase a chegada ás 13:30 horas, salvo que tódolos participantes rematasen a proba antes desa hora, intre no que se pecharía dito control.

Aqueles participante que decidisen voluntariamente continuar o percorrido marcado da proba sen o permiso dos responsables da organización quedarán excluídos da mesma e tamén da cobertura xeral e legal da marcha, pasando a ser usuarios normais das vías publicas baixo a súa total responsabilidade.
Así mesmo quedarán excluídos da proba e da cobertura xeral e legal da marcha, pasando a ser usuarios normais das vías públicas baixo a súa total responsabilidade, aqueles participantes que decidiran abandonar voluntariamente a marcha en calquera dos puntos do traxecto.

ARTIGO 7º
Control de tempos


Non haberá control de tempos nin clasificación final.

ARTIGO 8º
Avituallamentos

A organización habilitará un punto de parada e reagrupamento da marcha, que a súa vez será utilizado como avituallamento sólido e liquido.

ARTIGO 9º
Obsequios

Os participantes na proba, recibirán o día da mesma un obsequio conmemorativo da mesma.

ARTIGO 10º
Servizos

Servizos
A organización habilitará para os participantes unha zona de aparcamento e duchas (situadas no Polideportivo Municipal da Guarda, ao carón da liña de chegada xunto ao campo de fútbol)
Así mesmo porá a disposición dos inscritos diferentes postos de asistencia mecánica ao longo do percorrido.
Tódolos traballos de mantemento e axuste da bicicleta serán de balde (reparación de pinchazos, reparación de cadeas, axuste da transmisión…).
Por outras banda, tódolos traballos que impliquen a substitución de calquera tipo de compoñentes da bicicleta (cadea, pulsadores, cubertas…) terán un custo asignado polos propietarios de cada posto de asistencia mecánica, sendo de balde a man de obra.
Os custos da reparación serán aboados por cada participante ao seu reparador ao finalizar o evento (tomarase nota do número de dorsal correspondente).

ARTIGO 11º
Motivos de descualificación

Motivos de descualificación

1 Non levar casco ríxido homologado durante toda a proba.
2. Realizar calquera acción voluntaria que poida danar o entorno natural.
3. Tirar calquera tipo de lixo durante o percorrido fora dos contedores facilitados pola organización.
4. Non realizar o percorrido completo da marcha atallando, abandonar o percorrido delimitado e/ou non pasar por algún punto de control.
5. Non levar o dorsal colocado no manillar, ocultalo ou manipulalo.
6. Participar co dorsal asignado a outro participante ou non autorizado pola Organización.
7. Realizar a inscrición con datos falsos ou alterados.
8. Manifestar comportamentos non deportivos e/ou non respectuosos para cos membros da organización, colaboradores, público e resto de participantes.

9. Enganar ou ocultar con mala intención información do percorrido durante a proba a outros participantes.
10. Ser responsable ou partícipe de forma neglixente nun accidente no que se vexa envolto con outro participante.
11. Manifestar claros síntomas de malestar físico que poidan derivar nalgún risco para a saúde.
12. Ser remolcado por calquera vehículo de calquera forma.
13. Ser acompañado durante o percorrido da marcha por vehículos a motor.
14. Calquera outro motivo non recollido nos puntos anteriores que se considere punible.

ARTIGO 12º
Responsabilidade

No intre da inscrición, cada participante pon de manifesto que se atopa nunha forma física e psíquica óptima para participar nesta proba e asume, de igual maneira, o risco que comporta a práctica deportiva.
A organización non se fará responsable dos danos, prexuízos ou lesións que puideran sufrir os participantes desta proba ou aqueles que poidan ocasionar a terceiros, así como tampouco de cantos gastos, débedas ou danos que puideran contraer no transcurso do evento.
A organización tampouco se fará responsable das avarías sufridas nas bicicletas como consecuencia da practica deportiva.
O participante renuncia, polo tanto, a emprender as accións legais que puideran derivar da súa participación na proba contra a organización da mesma.
O participante, no intre da inscrición, manifesta que coñece o paso da marcha por estradas nacionais, comarcais e locais, quedando obrigado a cumprir as normas de circulación viaria vixentes, sendo o único responsable das infraccións que puidera cometer.
En caso de suspensión ou aprazamento da marcha, por causas de forza maior, a organización non asumirá ningún tipo de responsabilidades.

ARTIGO 13º
Cambios

A Organización reservarase o dereito de realizar calquera tipo de cambio de carácter organizativo en beneficio dos participantes. Ditos cambios, no caso de que se producisen, deberán ser comunicados a través do medio que consideren máis axeitado antes da celebración da proba.

A Organización reservase o dereito a suspender ou aprazar a proba cando considere que está en risco a seguridade dos participantes ou se así llo manifestasen as autoridades competentes.

ARTIGO 14º
Aceptación do Regulamento e declaración

Ao inscribirse libre e voluntariamente, o participante na marcha declara coñecer e aceptar plenamente este Regulamento.
No caso de dúbida ou de situacións non reflectidas no mesmo, prevalecerá o que dispoña a tal efecto a Organización.
No intre da inscrición o participante declara o seguinte:

Ao inscribirme na Marcha BTT DO ATLÁNTICO declaro que:
• Coñezo o contido do Regulamento da mesma, aceptándoo na súa totalidade.
• Coñezo o carácter cicloturista desta Marcha segundo se recolle no artigo 2 do regulamento da proba.
• Coñezo que a proba discorre nalgúns tramos por vías públicas abertas ao tráfico.
• Acepto riscos inherentes á participación en dita proba aberta ao tráfico.
• Comprométome a cumprir as normas da Lei de Seguridade Viaria e do seu Regulamento, velando pola miña seguridade e a do resto de participantes e usuarios da vía pública.
• Eximo a Qualité Sport Events S.L., e/ou a calquera persoa física ou xurídica vinculada coa organización da marcha, das responsabilidades derivadas de calquera accidente de circulación ou deportivo causado como participante da proba.
• Eximo aos anteriormente sinalados da responsabilidade en calquera prexuízo para a miña saúde que puidera derivarse da miña participación nesta marcha cicloturista, asumindo os riscos derivados do esforzo físico que esixe unha proba destas características.

Así mesmo, por ter sido informado coñezo e acepto:
• A existencia de todo tipo de vehículos alleos á Organización circulando polo percorrido da proba.
• Que ditos vehículos circulan como usuarios normais das vías públicas.
• Que me podo atopar con todo tipo de vehículos circulando tanto no mesmo sentido coma no sentido contrario ao da marcha.
• Que existen cruces na proba, podendo non estar controlados, nos cales poden incorporarse vehículos.
• Que existen treitos perigosos nos que deberei extremar a precaución.
• Que existen descensos prolongados con curvas nos que moderarei a velocidade a fin de evitar danos propios e/ou alleos.
• Que existe a posibilidade de sufrir un accidente deportivo inherente á práctica do ciclismo, asumindo persoalmente a responsabilidade dos accidentes que puidera causar a calquera participante da proba, excluíndo a Organización de calquera responsabilidade derivada dos mesmos.
• Que existe a posibilidade de causar un accidente a un terceiro alleo á proba, asumindo persoal e totalmente a responsabilidade do mesmo, excluíndo á Organización de calquera responsabilidade ao respecto.
• Autorizo á Organización ao uso de fotos, vídeos e nome completo na clasificación da proba, nos medios de comunicación e/ou Internet, sen esperar pago, compensación ou retribución algunha por este concepto.

ARTIGO 15º
Dereitos de imaxe

A inscrición na proba e a aceptación do presente Regulamento implica que o participante dá o seu consentimento á Organización para a captación da súa imaxe por distintos medios (vídeo, fotografía…), presta a súa autorización ante a posible difusión da súa imaxe en diversos medios e formatos (prensa, webs, redes sociais…) e cede os dereitos comerciais e publicitarios que puideran ocasionar ditas imaxes, renunciando, en todo caso, a recibir compensación algunha por ditos conceptos.

ARTIGO 16º
Derecho a la imagen

O tratamento que se realizará dos datos persoais dos participantes conforme a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, están destinados á xestión administrativa da proba.